"We focus on quality wood from the mountain to the market"

Programa Conecta Hubs PROXECTO BIKENTA - MPLUS Featured

PROXECTO BIKENTA-MPLUS PROXECTO BIKENTA-MPLUS

Este proxecto, supón un avance nun proceso de dixitalización e tratamento de datos, proposto de xeito coordinado para dúas liñas de traballo desenvolvidas dende hai máis de 10 anos por dúas empresas do Sector (ASEFOR e MADERA PLUS), expertas en xestión forestal sostible, cadea de custodia e certificación forestal e na predición das propiedades tecnolóxicas da madeira, respectivamente. 

O proxecto "BIKENTA - MPLUS" pretende poñer a disposición do Sector Forestal,  unha ferramenta dixital  para a promoción, simplificación e mellora da xestión sostible dos montes de maior superficie de Galicia, que corresponde principalmente cos xestionados de xeito Comunal polos veciños (COMUNIDADES DE MONTES VECIÑAIS EN MAN COMÚN, CMVMC). Esta iniciativa permitirá impulsar a xestión forestal, provocando un incremento dos recursos e servizos obtidos polo propio monte, proporcionando máis valor aos propietarios e profesionais do sector. Preténdese ademais, que esta solución sexa unha ferramenta que facilite a toma de decisións entre os veciños comuneiros propietarios e sirva como elemento integrador dos distintos actores implicados na xestión: veciños propietarios, empresas de servizos forestais e consultarías, empresas de aproveitamentos, industria, etc.)   

Os beneficiarios van ser propietarios forestais,  PEMES (técnicos en xestión forestal, empresas intermediarias, de servizos e aproveitamentos), a industria, a Administración e a sociedade galega, en xeral, e aquela que vive no rural, en particular. Os resultados serán validados polos usuarios da aplicación e pola industria.

 

Read 1608 times

Leave a comment

Scroll to Top